Anamarciana: Vacacións en Europa
Varela Ferreiro, Alberto
Galego

Sinopse Anamarciana: Vacacións en Europa

Animado polo éxito de crítica e público do primeiro libro de Anamarciana (Premio Lecturas 2001 da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil- GALIX), Alberto Varela Ferreiro presenta unha nova entrega da extraterrestre máis simpática da galaxia. Chega o verán e Anamarciana, como todo o mundo, marcha de vacacións. Este ano vai a Europa, un satélite do planeta Xúpiter. Europa é ideal para estar fresquiños e practicar todo tipo de deportes, como patinar no xeo, mergullarse e ir ás luras. Anamarciana: vacacións en Europa é un libro de ciencia ficcción para os primeiros lectores, escrito e ilustrado por Alberto Varela Ferreira. Unha nova achega desta serie iniciada na colección Merlín, onde a ilustración infográfica destaca pola súa orixinalidade e pola súa capacidade para suxerir aos lectores espacios siderais.
EAN
9788483029640
Editorial
Ano de edição
2003
Idioma
Galego
Coleção
MERLIN 7 ANOS
Alto
190
Largura
135
Otros lectores lo han calificado con
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres