As troitas, miñas señoras
Moralejo Alvarez, Juan José
Galego

Sinopse As troitas, miñas señoras

Nunha nova edición ampliada e revisada polo autor, Editorial Galaxia publicou en abril do 2005 As troitas, miñas señoras, de Juan José Moralejo. Un libro singular e de lectura diferente presentado por un limiar de Carlos Casares e cun epílogo de Alvaro Cunqueiro. A sabedoría que deitan as páxinas de As troitas, miñas señoras, segundo as palabras de Carlos Casares, ten que ver coa vida miúda de todos os días, con ese "saber antigo, vello de moitos séculos, que se resiste a desaparecer e reclama, con dereito e con razón, un lugar no mundo". Juan José Moralejo adobía o seu coñecemento e experiencia nos ríos galegos cunha paixón de pescador vocacional que xamais perde de vista o lado humorístico das situacións. As aventuras e desventuras do autor nárranse, e "péscanse", directamente desde a beira satírica do río da vida. Nada escapa a ollada mordaz de Moralejo, nin a propia figura do autor. Un libro que nace coa intención de deixar ben clara a admiración entolecida por ríos e troitas, canas e carretes. A lembranza dunha diversión coma a pesca leva ao autor a facer partícipes aos lectores da diversión de recordar e revivir, a través da literatura, eses momentos gozosos a carón dos ríos galegos.
EAN
9788482887975
Editorial
Ano de edição
2005
Páginas
248
Obrigatório
Tapa blanda o Bolsillo
Idioma
Galego
Coleção
LITERARIA
Alto
210
Largura
140
Otros lectores lo han calificado con
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres