Astronomía a ollo ceibe
Aller, Ramón María
Galego

Sinopse Astronomía a ollo ceibe

Tradución galega da obra divulgativa Astronomía a simple vista, publicada orixinalmente en 1948 e reeditada facsimilarmente pola Universidade de Santiago de Compostela en 1998 e 2014, de autoría do gran astrónomo e matemático, catedrático que foi da USC e fundador do seu Observatorio Astronómico, Ramón María Aller Ulloa (1878-1966). A edición galega, ademais dun considerable esforzo de adaptación léxica, conceptual e estilística a prol dunha magnífica obra de iniciación á astronomía en lingua galega, representa tamén unha homenaxe á dimensión humana e científica do seu autor, con ocasión do L aniversario do seu pasamento. Nesta obra, Ramón M. Aller quixo lembrar os seus comezos de astrónomo a simple vista e facilita ao afeccionado un libro senlleiro entre os de divulgación astronómica. Tal como non é afeccionado a pescar quen se limita a ver gravados ou a ler descricións sobre o mar ou os ríos, e supérao en afección quen pola súa propia man pesca un peixiño por ben pequeno que sexa, así neste libro non se atoparán fermosos discursos sobre o Sol, a Lúa ou as estrelas, senón que pon nas súas mans o entretemento que lle permitirá, xogando, sen esforzo, facer observacións; nunha palabra, como di o seu autor, aprenderalle a ler no libro marabilloso que todas as noites se abre sobre o azul do ceo.
EAN
9788416533602
Ano de edição
2016
Páginas
286
Obrigatório
Capa mole ou bolso
Idioma
Galego
N.º coleção
398
Coleção
OUTRAS PUBLICACIONS
Altura
220
Largura
160
Outros leitores classificaram-no com
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniões
A tua pontuação
Deixa-nos a tua opinião
/ caracteres