BIBLIOTECARIAS E BIBLIOTECARIOS INFAMES
Francisco-Xavier Redondo Abal
Galego

Sinopse BIBLIOTECARIAS E BIBLIOTECARIOS INFAMES

Vas ler algo que fai abanear o mobiliario histórico. Vas recibir unha información perturbadora, un deses estrelampos que se abre paso entre as lamias da persiana da ocultación, perpetrada ás veces coa hipócrita desculpa da \"operación Olvido\". Vas entrar en Bibliotecarias e bibliotecarios \"infames\", vas saír da autoestrada do relato histórico convencional, vas ir a pé, a valmontes, pola banda inhóspita da historia, e vas sentir que a intrahistoria, como o rumor dun bater de alas nun bosque queimado, vén por ti. Cada vez que entres nunha biblioteca ou nun arquivo, ou cada vez que escoites \"depuración\" ou \"extirpación\", vaste lembrar de Bibliotecarias e bibliotecarios \"infames\", de como o compromiso polo espallamento do saber se converteu nunha proba de cargo e nunha mancha ominosa, de como palabras de uso hixiénico ou sanitario poden ser envelenadas polo arsénico do odio e metamorfosearse en sinistros eufemismos.
Este é un libro de historia, si. Ben feito. Impecábel. Mais tamén un libro que fai historia: un acto de verdade, xustiza e reparación. Bibliotecarias e bibliotecarios \"infames\" semella escrito coa perseveranza luminosa do guizo, ese pau resistente onde a lingua de lume faise lapis, nun movemento ben sutil.
Manuel Rivas
EAN
9788484872924
Ano de edição
2015
Páginas
175
Idioma
Galego
Coleção
ENSAIO
Alto
300
Largura
200
Otros lectores lo han calificado con
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres