Buscando a Dalia
Fernández, Miguel Anxo
Galego
Novidade

Sinopse Buscando a Dalia

Miguel Anxo Fernández (O Carballiño, 1955) é doutor en Comunicación Audiovisual, profesor na Universidade de Vigo, investigador e teórico cinematográfico. Exerce a crítica de cinema e televisión en La Voz de Galicia e está vinculado, desde finais dos anos setenta, ao desenvolvemento do audiovisual galego, polo que recibiu numerosos recoñecementos, entre eles o Premio de Honra Fernando Rey da Agapi en 2001 e o Premio Cultura Galega de Creación Audiovisual da Xunta de Galicia en 2012. No eido da ficción, deu ao prelo O sabre do francés (2002), Capitol, última sesión (2004), O espido de Gina (2014) e Blues para Moraima (2016, Premio Blanco Amor), ademais da serie co detective Frank Soutelo: Un nicho para Marilyn (2002, Premio García Barros), Luar no inferno (2006), Tres disparos e dous friames (2008), Lume de cobiza (2011), Bícame, Frank (2013), Un dente sen cadáver (2016) e A conxura do sete (2022), publicados en Editorial Galaxia.
EAN
9788411766234
Editora
Ano de edição
2026
Páginas
300
Idioma
Galego
N.º coleção
540
Coleção
Literaria
Altura
230
Largura
150
Opiniões de outros leitores
Escreve a tua opinião
0 Opiniões
A tua pontuação
Deixa-nos a tua opinião
/ caracteres