Caderno de Riparia
Perozo Ruíz, Xosé Antonio
Galego
Galego

Sinopse Caderno de Riparia

O famoso escritor Simón Carrera pasa as vacacións de agosto en Riparia, unha illa pequena, onde os seus poucos habitantes están acostumados a convivir coas pantasmas. Dende a primeira noite na casa solitaria dos catro camiños, que alugou a Cacabi, o alcalde e cacique do pobo, descubrirá o rostro dun aforcado que se disolve na penumbra da madrugada. Aquela casa, onde o Simón pretendía tecer o argumento da súa nova novela, gárdalle unha historia tráxica e inquedante que se nega a ser borrada da memoria do tempo. "Caderno de Riparia" de Xosé A. Perozo, obra gañadora do Premio de Novela por entregas de la Voz de Galicia 2003, é unha engaiolante narración de intriga que esculca os labirintos da memoria e as feridas dos acontecementos daqueloutro verán de 1936. Unha novela fascinante onde se mesturan as pantasmas, as sombras e os pesadelos dun lugar maldito co sol do verán sobre un mar largacío que ilumina a descuberta dun vello segredo.
EAN
9788497821773
Editora
Ano de edição
2004
Páginas
144
Obrigatório
Capa mole ou bolso
Idioma
Galego
Coleção
FORA DE XOGO
Altura
300
Largura
200
Outros leitores classificaram-no com
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniões
A tua pontuação
Deixa-nos a tua opinião
/ caracteres