Chao, bicos
Bennett, Claire-Louise
Galego
Novidade

Sinopse Chao, bicos

Unha muller deixa o seu piso na cidade e instálase temporalmente nun alpendre no campo, lonxe de todo. Mentres a súa vida vai encaixando nun novo lugar, o silencio entre ela e Xavier, un home moito maior con quen, durante unha década, mantivo unha particular relación, convértese no punto de partida dunha longa deriva pola memoria que, lonxe de ser un arquivo ordenado, é un organismo vivo, obsesivo e caprichoso. Claire-Louise Bennett ofrece nesta novela o acceso a unha conciencia e aos movementos sinuosos do pensamento arredor de sucesos aparentemente mínimos. Encontros e conversas, chamadas telefónicas e obxectos esquecidos, envíos de flores e correos electrónicos inesperados aparecen e reaparecen para descubrirnos que os momentos decisivos da nosa vida raras veces permanecen inalterados no noso recordo, un mecanismo que revela, con extraordinaria perspicacia, as dinámicas de dependencia, idealización e poder que atravesan toda historia de amor. A radical exploración da vida interior que a autora xa iniciara cos excepcionais Pond e Checkout 19 continúa con Chao, bicos arredor de novas preguntas. Que significa permanecer leal a alguén? Que parte do outro lle pertence realmente ao outro e cal á nosa invención? Até que punto escribir é un modo de continuar conversando con quen xa non está ao noso lado para conversar?
EAN
9791399170573
Ano de edição
2026
Páginas
180
Idioma
Galego
Coleção
SIN COLECCION
Altura
200
Largura
135
21,00 €
-5%
19,95 €
Opiniões de outros leitores
Escreve a tua opinião
0 Opiniões
A tua pontuação
Deixa-nos a tua opinião
/ caracteres