Cidades
Alonso, Fran
Galego
Galego

Sinopse Cidades

Merecedor do accésit do Premio Lazarillo de Literatura infantil 1996 que convoca o Ministerio de Cultura e no que compiten obras nas catro linguas do estado, Cidades configúrase como un libro singular, de forte personalidade, unha auténtica guía poética das cidades do corazón. Un tratado de urbanismo poético. Unha cartografía urbana crítica e esperanzadora. Intimista, entrañable, o libro deita unha ollada terna e rebelde sobre as cousas e sobre a vida dende a óptica da infancia e da adolescencia.. Cidades aposta por unha literatura infantil vitalista e vigorosa, que non elude os aspectos máis difíciles da realidade, abordándoos coa maxia e a tenrura da palabra poética. As cidades, as máis queridas e as máis ferintes. As cidades dos mapas, as cidades tantas veces visitadas. As do norte e as do sur. As de dátiles de luz. As de sardiñas de prata. As de papel, as que latexan e as que doen. As cidades. Sempre ateigadas de xentes, de escolas, de camións, de dromedarios, de nenos pobres, de farolas, de peixes mortos no mar contaminado. As cidades do corazón. Cheirando a vida, a solidariedade, a ruído, a miseria, a tráfico, a esperanza, a morte. Estes son os seus poemas.
EAN
9788497822275
Editorial
Páginas
64
Obrigatório
Tapa blanda o Bolsillo
Idioma
Galego
Coleção
MERLIN 11 ANOS
Alto
190
Largura
136
Otros lectores lo han calificado con
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres