Competencia lingua galega nº3
VV.AA.

Sinopse Competencia lingua galega nº3

Obter unhas competencias plenas en lingua galega ten a ver con desenvolver aptitudes e actitudes que permitan alcanzar os hábitos e habilidades lingüísticas necesarios para o éxito dos procesos comunicativos aos que se deben enfrontar os utentes en todos os ámbitos da vida. Este manual pretende garantir o éxito das situacións comunicativas do alumnado, fornecendo o marco teórico pertinente para, apoiándose na práctica, dar solución aos diferentes retos receptivos e produtivos inherentes a calquera contexto lingüístico. Será, pois, necesario para iso, avanzar do concreto ao abstracto, identificando os diferentes rexistros da lingua, atendendo aos usos nos diferentes contextos, ao tipo de produción, así como recoñecer aqueles elementos que lle serven de apoio e contribúen para a superación con éxito das interaccións comunicativas. Esta obra completa, que inclúe casos prácticos para facilitar a comprensión do contido e diversas actividades para a avaliación da súa aprendizaxe, resultará unha ferramenta imprescindíbel para identificar os trazos definitorios da lingua galega aplicados á comunicación oral e escrita da nosa realidade lingüística cotiá. Ademais, trátase dun material didáctico de apoio que lle axudará a preparar as probas de competencia en lingua galega necesarias para acceder ás accións formativas.
EAN
9788498395624
Editorial
Ano de edição
2015
Páginas
88
Obrigatório
Tapa blanda o Bolsillo
Idioma
Castellano
Coleção
SIN COLECCION
Alto
300
Largura
210
Otros lectores lo han calificado con
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres