- Libros
- BIOGRAFIAS
- COMÚN TEMOS A PATRIA. BIOGRAFÍA DOS IRMÁNS VILLAR PONTE
- Libros
- BIOGRAFIAS
- COMÚN TEMOS A PATRIA. BIOGRAFÍA DOS IRMÁNS VILLAR PONTE
COMÚN TEMOS A PATRIA. BIOGRAFÍA DOS IRMÁNS VILLAR PONTE
Martinez Gonzales, Xurxo/Insua LopezSinopse COMÚN TEMOS A PATRIA. BIOGRAFÍA DOS IRMÁNS VILLAR PONTE
Desde a prensa, o folleto, a carta, o libro e a tribuna, os irmáns Villar Ponte resultaron decisivos na configuración dun tempo en que a lingua se fixo bandeira e Galiza comezou a se sentir nación plena á procura dos seus dereitos.
Emilio Ínsua e Xurxo Martínez relatan esta singradura irmandiña botando man dunha inxente cantidade de documentos inéditos ou descoñecidos que permiten ofrecer un retrato complexo e axustado destes dous membros destacados da Xeración de 1916. Un esforzo de síntese ameno e rigoroso para dar conta dunha obra de magnitude e relevancia verdadeiramente xigantescas.