Contos de Hoffmann
Hoffmann, E.T.A.
Galego

Sinopse Contos de Hoffmann

O presente volume recolle catro contos de Ernst Theodor Amadeus Hoffman, "O Crebanoces e o rei dos ratos", "O neno descoñecido", "O mestre Martín e o toneleiro e os seus oficiais", e "O home da area", traducidos para o galego por Xabier Rodríguez Baixeras e ilustrados por Judith Morales e Adrià G.dia, Manuel Ortega, Javier Sáez e Ricard Castells. Esta dobre antoloxía vai precedida por unha introducción realizada por Luis Mateo Díez, titulada "Castelos no aire", e por un emotivo epílogo, "Catro rostros dun home", escrito por Juan Tébar.Estes catro contos serán acollidos polos lectores dentro do curruncho das súas alegrías e terrores predilectos. Catro relatos que, para Juan Tèbar, poden lerse como catro rostros do propio Hoffman (escritor, músico e máis pintor, a un mesmo tempo): "O Crebanoces", posiblemente o conto máis famoso dos escritos por Hoffman, é o seu rostro para nenos, tinguido de tremores inesquecibles; o segundo, "O neno descoñecido", é o seu rostro máis infantil aínda, tinguido dunha profunda tristura e un toque de fondo misterio; o terceiro, "O mestre Martín e o toneleiro e os seus oficiais", é o rostro musical de Hoffman, unha fermosa contenda de amor; por último, "O home da area", é o seu rostro máis sinistro, terrible versión do noso popular co, do sacaúntos ou do home do saco. Os contos de Hoffman son divertidos, fabulosos, estarrecedores, conservando hoxe na nosa lingua todo o seu ritmo e fantasía. Contos para nenos grandes ou pequenos, contos para nenos e para os que non o son.
EAN
9788483025758
Editorial
Idioma
Galego
Coleção
LITERARIAS SINGULARES
Alto
300
Largura
200
Otros lectores lo han calificado con
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres