Costa do solpor
Lema Suárez, Xosé María
Galego
Galego

Sinopse Costa do solpor

Unha novela de aventuras de mar e de terra con batallas navais, abordaxes, tétricas escenas de terror e tenras de amor, senlleiros personaxes lendarios e reais -un náufrago desmemoriado, un crego sabio e revolucionario, un fidalgo reformista...- e unha vila maldita que conforman a iconografía histórica da galega Costa do Solpor. A novela está ambientada na Galicia rural e urbana de mediados do século XVIII, facéndonos partícipes das angueiras da vida cotiá daqueles anos. Costa do Solpor comeza cun manuscrito onde un descoñecido escritor en lingua inglesa de finais do século XIX narra as peripecias da viaxe de volta dunha misteriosa goleta inglesa cargada cun fabuloso tesouro. Tras unha cruenta loita cuns piratas nunha illa atlántica, a goleta regresa ao punto de partida, o porto de Bristol, pero unha tormenta obrígaa a buscar refuxio nunha ría da Costa do Solpor. Un membro da Confraría da Man Morta, decatándose da importancia da carga, marcha a uña de cabalo á cidade da Coruña e avisa o capitán dun bergantín pirata fondeado cun nome de conveniencia neste porto. O bergantín sairá ao encontro da goleta coa intención de lle incautar o tesouro. Logo da abordaxe, o grumete da goleta logra salvarse gañando a costa a nado. Os piratas perseguirano a morte pero o rapaz inglés farase amigo dun mozo e dunha moza da beiramar e tratarán, xuntos, de liberar a goleta e salvar os seus tripulantes dunha morte certa. Costa do Solpor foi finalista do Premio Xerais de Novela 2011.
EAN
9788499144788
Editorial
Ano de edição
2013
Páginas
664
Obrigatório
Tapa blanda o Bolsillo
Idioma
Galego
nº colección
330
Coleção
NARRATIVA
Alto
300
Largura
200
Otros lectores lo han calificado con
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres