Sinopse Crise global e crise da política
A reflexión de Pérez Touriño realízase dende unha perspectiva galega e co propósito de promover o debate que precede á acción transformadora. Trátase, por unha banda, da visión analítica dun economista perspicaz que repensa en clave inconfundiblemente galega a xénese, desenvolvemento e impacto da crise económica. Pola outra, pon encol da mesa a proposta dun político experimentado que demostra que é posible devolverlle a ilusión a Galicia. Como apunta Salgado no prólogo, "Velaí a orixinalidade, e confiemos en que a eficacia, desta obra".