De boa tinta
García López, José Ángel
Galego

Sinopse De boa tinta

Este libro, preparado polo profesor José Angel García López, ten un dobre obxectivo: por unha banda, reflicte o estado actual dos estudos relacionados con Lorenzo Varela e pretende ser unha ferramenta útil para os presentes e futuros analistas da súa obra. Así mesmo, é unha homenaxe á memoria deste intelectual ao cumprirse trinta anos do seu pasamento. Unha homenaxe que subscriben todos e cada un dos autores citados neste libro, moitos dos cales elaboraron as súas contribucións en circunstancias para a expresión e a difusión da literatura na nosa lingua menos propicias cás actuais. Co desexo de que a herdanza moral e literaria do poeta de Monterroso se espalle no espazo e no tempo, publícase este traballo bibliográfico como mostra do compromiso da Comisión de Homenaxe a Lorenzo Varela e de Xerais co estudo e coa divulgación da biografía e da obra do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas do ano 2005.
EAN
9788497829700
Editora
Ano de edição
2009
Páginas
136
Idioma
Galego
Coleção
ESTUDOS LITERARIOS
Altura
130
Largura
210
Opiniões de outros leitores
Escreve a tua opinião
0 Opiniões
A tua pontuação
Deixa-nos a tua opinião
/ caracteres