EDUCACIÓN DEMOCRÁTICA OU BARBARIE Os concellos abrirán c
Xaquín Álvarez Corbacho
Galego

Sinopse EDUCACIÓN DEMOCRÁTICA OU BARBARIE Os concellos abrirán c

EDUCACIÓN DEMOCRÁTICA OU BARBARIE.
Os concellos abrirán camiño.
______________________________
O financiamento dos concellos está moi vencellado ás transferencias e subvencións. Ambos os dous recursos son ingresos tributarios que pagan persoas alleas ao municipio beneficiado. É dicir, que se produce unha redistribución de rendas que debe ser considerada e analizada. En caso contrario as subvencións poden ser manifestamente mellorábeis. Tamén as subvencións se xustifican pola capacidade e esforzo fiscal, por teren competencias compartidas e pola solidariedade ou colaboración institucional. Pero outras veces son froito do clientelismo e do paternalismo, da reprodución política e da corrupción. E cando isto sucede, aparece a desorde e tamén unha cultura que deteriora o financiamento municipal.
Ou sexa, o libro analiza problemas que padecen os concellos galegos polo mal uso da subvención. Porque ademais do xa indicado, intentar corrixir o deterioro da base económica e caída demográfica municipal, pola vía da fusión incentivada con subvencións, non deixa de ser unha política confusa. Como tamén sucede cando se potencian as Deputacións provinciais a costa de suprimir competencias municipais. A cultura da subvención xa invade e destroza o noso espazo común.
EAN
9788484872702
Ano de edição
2016
Páginas
126
Idioma
Galego
Coleção
ENSAIO
Alto
300
Largura
200
Otros lectores lo han calificado con
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres