Fíos de transparencia acesa
Mariño Davila, Esperanza L.
Galego

Sinopse Fíos de transparencia acesa

A poliédrica figura de X. M. Beiras -economista, profesor, político, músico, ensaísta,narrador e tradutor-, referente imprescindible no contexto cultural e político galegodos séculos XX e XXI, destaca por unha excepcional cultura humanística de raízafrancesada. O presente ensaio aspira a ofrecer unha visión integral dunha parte dapróspera faceta literaria, desde os primeiros textos adolescentes da revista Vamos e aintensa pegada das estadías parísinas. Así mesmo, preséntase unha breve historia datradución en galego, porén, a cerna desenvolve o estudo das obras escolleitas, queconverten a traxectoria do tradutor en infrecuente tanto pola orixinal e coidadaselección dos autores coma polo desenvolvemento durante máis de medio século,algo insólito non só no ámbito literario galego senón universal. Alén da letra desobranceira da canción Venceremos nós, as obras traducidas son: Os xustos (1985),Calígula (1992), Catro cartas a un amigo alemán e otros textos (2018) e A desfeita(2019) de Camus, Antígona (1967) de Anouilh, Non As moscas (2008) de Sartre,Adolphe (2020) de B. Constant e Espertemos! (2022) de E. Morin. Por último, opropio autor quixo autotraducirse mediante a Exhortación a la desobediencia (2015),nunha nidia mensaxe ou espallamento da obriga ética da responsabilidade,cont inuando na liña dun forte compromiso individual fronte á desigualdade, áinxustiza e ás guerras.
EAN
9788484877196
Ano de edição
2025
Páginas
240
Encadernação
Capa mole ou bolso
Idioma
Galego
N.º coleção
459
Coleção
Ensaio
Altura
210
Largura
140
Opiniões de outros leitores
Escreve a tua opinião
0 Opiniões
A tua pontuação
Deixa-nos a tua opinião
/ caracteres