Fridom spik
Jaureguizar Ortiz de Zárate, Santiago
Galego

Sinopse Fridom spik

"Fridom Spik" é un libro que soa como a guitarra de Kurt Cobain nun concerto de Pavarottis afónicos. Imprescindible para manter unha confianza razoable na sobrevivencia intelixente do ser galaico-humano. Necesario para os que tiñamos xa unha certa sospeita de que Jimmy Hendrix tamén comía cachelos (Antón Reixa, "La Voz de Galicia"). As peciñas que nos ofrece Jaureguizar poden poñerse á par da mellor tradición de narrativa curta. (Anxo Tarrío, "O Corrreo Galego"). Tralla brava, auténtica arroutada, lume que queima o peito, iso son os relatos breves que poboan "Fridom Speak". Jaureguizar contra o mundo e a repugnancia. O que se vén chamando literatura bravú. (...) Hai unha fácil e obvia liña que une as "Cousas" de Castelao cos relatos de "Fridom Spik". O lirismo que tinxe a escrita de Castelao vese aquí desprazado por unha feroz e expeditiva exposición (Xosé M. Eiré, "A Nosa Terra"). Nesta terra de ninguén os mozos ven a vaca pacer mentres falan por teléfono dixital GSM e o tractor agarda no patio co motor encendido. Temos a impresión de que os personaxes de Jaureguizar están atrapados nun buraco negro (Xosé Cid Cabido).
EAN
9788483029893
Editora
Ano de edição
2003
Páginas
88
Idioma
Galego
Coleção
PETO
Altura
300
Largura
200
Outros leitores classificaram-no com
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniões
A tua pontuação
Deixa-nos a tua opinião
/ caracteres