Home Unidimensional (Herbert Marcuse)

Home Unidimensional (Herbert Marcuse)

Marcuse, Herbert
Galego

Sinopse Home Unidimensional (Herbert Marcuse)

Pensar hoxe en Marcuse leva a evocar decontado as revoltas estudantís dos anos sesenta, en Berlín, Berkeley, París, as loitas contra a guerra do Vietnam, o movemento polos dereitos civís, as proclamas pacifistas ou a denominada New Left. As obras do pensador alemán foron acollidas con entusiasmo por moitos dos animadores desa diversidade de movementos, en especial dúas: Eros and Civilization (1955) e a obra que aquí ofrecemos vertida ao galego, One-Dimensional Man (1964). Malia o seu pesimista diagnóstico, O home unidimensional urxía a necesidade dun cambio radical, que nin moito menos podería reducirse a instancias económicas. Herbert Marcuse, alemán inmigrado e profesor na Universidade de San Diego (California), saltou de pronto aos medios. As súas conferencias nos Estados Unidos de América e en Alemaña e os seus escritos e intervencións en relación coa protesta multiplicáronse. Non obstante, en ningún momento o autor se amosou compracente e se deixou arrastrar pola corrente. Ben en troques, marcou as súas discrepancias a respecto de moitos aspectos dos movementos de contestación social, como a inmediatez ou a falta de profundidade teórica. De aí a súa apelación á importancia da teoría como arma crítica. A obra de Marcuse, en efecto, ocupa un lugar destacado no seo da Teoría Crítica, brillante herdeira da mellor tradición da cultura occidental.
EAN
9788498878516
Ano de edição
2012
Páginas
334
Obrigatório
Tapa dura
Idioma
Galego
Coleção
PENSAMIENTO UNIVERSAL
Alto
240
Largura
150
Otros lectores lo han calificado con
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres