Laxeiro
Ameneiro, Maria Celia
Galego

Sinopse Laxeiro

Se Xosé Otero Abeledo é o corpo, Laxeiro é a alma, ou como el mesmo decía o seu eu, a súa esencia, o motor desa máquina que era o seu corpo. O que deixou de ser pseudónimo para converterse en nome, tomouno da sús avoa A Laxeira, coñecida así por ser do lugar da Laxe, aínda que, no seu mundo fabulador e fantástico, o artista contaba que llo dera o Naranxo, un personaxe mítico habitante do Marquesado de Romeá, que o bautizou con tal nome cunha das laxes tan abundantes nas terras do Deza. Desas mesmas laxes tomou Laxeiro o se estilo máis persoal e irrepetible, a chamada estética do granito, coa que continuaba a tradición pétrea dos canteiros medievais barrocos, plasmada nesta ocasión na arte do debuxo e da pintura. Debuxante e pintor, pois no concebía a pintura sen o debuxo, creou un universo propio formado por uns personaxes carnavalescos, mitolóxicos, fantásticos, ás veces incluso deformados, aínda que non esqueceu as representacións de rotundas maternidades e de retratos, nos que a personalidade do retratado parece saír do lenzo ou do papel, sen esquecer os seus autorretratos e os debuxos que realizaba nun mantel, nun anaco de pepel ou donde puidese. A súa vida transcorreu en Lalín e en Vigo, agás os períodos pasados en Madrid e Pontevedra, os seus anos de inmigrante na Habana coa súa familia e os anos pasados en Arxentina, no seu autoexilio artístico, onde se converteu nun activo membro da comunidade galega alí residente.
EAN
9788476806166
Editorial
Ano de edição
2008
Páginas
64
Obrigatório
Tapa dura
Idioma
Galego
Coleção
GALEGOS NA HISTORIA
Alto
220
Largura
160
Otros lectores lo han calificado con
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres