Memoria da escola
Benso Calvo, Carmen;Cid Fernández, Xosé Manuel;Suárez Pazos, Mercedes
Galego

Sinopse Memoria da escola

Este libro, coordinado polos profesores da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense Mercedes Suárez Pazos, Xosé Manuel Cid e Carmen Benso, reúne reflexións e achegas destinadas a esclarecer mellor a historia da educación do noso país, que son ademais, polo tempo do que falan, parte necesaria para a comprensión da nosa historia educativa. Así, na primeira parte, ' ' Memoria da escola: relatos e historias de vida ' ' . Antonio Viñao, Juan M. Fernández Soria e Mª del Carmen Agulló Díaz achégannos ricas contribucións arredor do binomio memoria/esquecemento. Xosé M. Cid lévanos a establecer un diálogo coas vidas e os protagonismos de varios educadores marcados por un nítido exercicio cívico do seu oficio docente. En parecido horizonte invítanos a continuar Mercedes Suárez coas súas ' ' crónicas autobiográficas ' ' . Na segunda parte, ' ' Memoria da escola: cultura material ' ' , Anxo Porto enfía asúa achega, coa renovación pedagóxica e coa IIª República española ao fondo, relativa á incorporación das fontes orais como apropiada vía para o tratamento de novos obxectos de investigación. Carmen Benso detense sobre o profesorado de Bacharelato da cidade de Ourense. Por último, Ramón López Martín, cos seus ' ' elementos materiais da escola ' ' , Pedro Membiela e Manuel Vidal detéñense na didáctica das ciencias naturais realizada co auxilio do material de labo
EAN
9788497826143
Editorial
Ano de edição
2007
Páginas
328
Idioma
Galego
Coleção
UNIVERSITARIA
Alto
210
Largura
131
Otros lectores lo han calificado con
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres