NA SOLAINA
Vazquez Álvarez, David D.
Galego

Sinopse NA SOLAINA

Alguén explicou, unha vez, que envellecer viña sendo o mesmo que escalar unha gran montaña durante toda unha vida. A medida que se ascende faise máis lento e traballoso o camiño, pero, en troques, a mirada vólvese libre e a vista que ante nós se ofrece resulta dunha amplitude totalmente descoñecida, serena... máis reconfortante.



Ana é unha de tantas mulleres que naceran na segunda década do século XX e que viu rota a súa vida pola marcha do seu ser máis querido á outra beira do océano na procura duns pesos... e por unha guerra que nunca tiña que ter comezado... pola soidade, pola xenreira. Séntese, cando era moza, case unha nena, na obriga de abandonar a súa casa, a súa familia, coa soa idea de afastarse de todo para sempre, tentando ao mesmo tempo fuxir dos recordos que ameazaban con relala por dentro.



A cidade da Coruña acolleuna cos brazos abertos e alí permanece durante corenta anos. Consegue co tempo o seu propósito de borrar o pasado.



As circunstancias lévana de novo á súa terra. Un fortuíto accidente condúcea a un fogar da terceira idade que construíron preto da aldea que a viu nacer. Desde alí pode contemplar a diario todos os recantos nos que reverdecen outra vez, as lembranzas que cría durmidas...



Ana ten algo máis de sesenta anos...
EAN
9788496893610
Editorial
Ano de edição
2008
Páginas
240
Obrigatório
No definido
Idioma
Galego
Coleção
NARRATIVA
Alto
300
Largura
200
Otros lectores lo han calificado con
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres