Nasce un árbore. Memorias de Tains
Mourullo, Gonzalo R
Galego
Galego

Sinopse Nasce un árbore. Memorias de Tains

Nasce un árbore e Memorias de Tains de Gonzalo Rodríguez Mourullo son dous documentos literarios de excepcional interese e relevancia para as nosas letras. A presente edición rescata senllas obras alén de ofrecer unha rigorosa análise introductoria a cargo de Teresa Bermúdez, elaborada en base a un continuo diálogo con persoeiros da nosa cultura e unha exhaustiva confrontación con outros documentos. Nela desvélanse perfís inéditos do autor.Catro décadas despois da publicación destes dous libros esta é unha boa ocasión para achegarse á figura de Mourullo a través da súa curta producción literaria, considerada como pioneira e punto de inflexión na evolución da literatura galega contemporánea pola súa calidade, pola mestría narrativa que exhibe e pola introducción de novas técnicas e temáticas ata daquela absolutamente inéditas na nosa tradición.Mª Teresa Bermúdez Montes (Londres, 1969), licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa, é especialista na obra de Gonzalo Rodríguez Mourullo e autora de traballos sobre a narrativa galega contemporánea, centrados na Nova Narrativa e na escrita de concienciación feminina.
EAN
9788483026410
Editora
Encadernação
Capa mole ou bolso
Idioma
Galego
Coleção
BIBLIOTECA DAS LETRAS GALEGAS
Altura
190
Largura
130
Opiniões de outros leitores
Escreve a tua opinião
0 Opiniões
A tua pontuação
Deixa-nos a tua opinião
/ caracteres