https://www.imosver.com/pt/articulo/CIM0051506CIM0051506O Corpo de Cristo19.95Cando Vera era nena, un demo roldaba a súa casa e acosaba á súa nai, martelándolle os nervios ata prostrala na cama durante días. Entre as sesións de exorcismo coa meiga e as citas co psiquiatrahttps://static.serlogal.com/imagenes_small/9788410/978841033224.jpgLibrosLibros/COMIC Y JUEGOSEn stockASTIBERRI000https://static.serlogal.com/imagenes_small/9788410/978841033224.jpgCIM00091442151.052025/03/279788410332249Librosaño_2025idioma_GalegoGformato_Tapa blanda o Bolsilloautor_LEMA, BEAsaga_Sillón Orejero
Artículo
O Corpo de Cristo
LEMA BEA
ASTIBERRI
COMIC Y JUEGOS
Aviso de Cookies
Utilizamos cookies para garantir a melhor experiência em nosso site.
Ler política de cookies.
Gestionar preferencias de cookies
Este tipo de cookies permitem ao usuário a navegação através de uma página web, plataforma ou aplicação e a utilização das diferentes opções ou serviços que nela existam.
imosverlaravel_session
Descrição
Este cookie é necessário para o funcionamento do site e não pode ser desativado em nossos sistemas.
Duração
Sesión
Dependências
Domínio
imosver.com
OCT8NE
Descrição
Este cookie é utilizado para o correto funcionamento do Chat da Oct8ne para prestar o serviço de atendimento ao cliente ao usuário.
São aquelas que possibilitam o acompanhamento e análise do comportamento dos usuários em nossa página. A informação recolhida é utilizada para a medição da atividade dos usuários na web e a elaboração de perfis de navegação dos usuários.
_clsk
Descrição
Regista dados estatísticos do comportamento do visitante no site. Isto é utilizado para análises internas pelo operador do website.
Duração
1 ano
Dependências
_clsk,MUID,_clck
Domínio
logglytrackingsession
Descrição
Identifica e regista a sessão do usuário para fins analíticos.
Duração
Sesión
Dependências
Domínio
.imosver.com
GOOGLE_ANALYTICS
Descrição
Regista um identificador único que é utilizado para gerar dados estatísticos sobre como o visitante utiliza o sítio web.
Duração
1 ano
Dependências
Domínio
.imosver.com
São aquelas que nos permitem adaptar a navegação em nosso site às suas preferências (ex.: idioma, navegador utilizado, etc.).
_fbp
Descrição
Utilizado pelo Facebook para oferecer uma série de produtos publicitários, como ofertas em tempo real de anunciantes terceiros.
Cando Vera era nena, un demo roldaba a súa casa e acosaba á súa nai, martelándolle os nervios ata prostrala na cama durante días. Entre as sesións de exorcismo coa meiga e as citas co psiquiatra, ano tras ano, a superstición esvaécese para deixar paso ao diagnóstico. Mais, malia os malos tratos, a enfermidade e as excentricidades, o amor dunha nai e a súa filla é máis forte ca calquera outra cousa, sobrevivindo ao paso do tempo e ás tormentas. Realizada durante unha residencia na Maisons des Auteurs de Angoulême (Francia), O Corpo de Cristo é a declaración de amor dunha filla á súa nai, á que ten que coidar sendo demasiado nova, pero, máis alá da tolemia, tamén é o retrato tráxico e universal dunha muller encerrada no seu papel de filla, nai e esposa nunha España patriarcal, pobre e católica. A autora resultou gañadora do Premio Nacional de Cómic 2024 que outorga o Ministerio de Cultura e Deporte. O xurado apuntou que O Corpo de Cristo é “unha obra innovadora, arriscada no formal, con texturas e composicións que transcenden as técnicas máis utilizadas sen renunciar ao emprego do humor e a unha mirada poética. A obra posúe unha gran profundidade e sensibilidade polo xeito de abordar un tema tan complexo coma o da saúde mental desde a propia experiencia da autora, así coma a reivindicación da importancia dos coidados”. Así mesmo, sinalou que é “unha obra de gran beleza visual e profunda emoción que ofrece unha mirada sorprendente na relación nai e filla, sendo unha auténtica exploración da linguaxe que emprega recursos estéticos alternativos e mostra unha nova forma de tecer a historia reivindicando a propia memoria migrante”. Pola súa parte, o ministro de Cultura, Ernest Urtasun, destacou que “a sensibilidade e o respecto que Bea Lema dedica á saúde mental e a reivindicación dos coidados n’O Corpo de Cristo, ademais das súas asombrosas ilustracións e bordados, fan que este Premio Nacional de Cómic 2024 sexa merecidísimo”. O Premio Nacional de Cómic, que agora Astiberri publica por primeira vez en galego, únese á longa lista de premios e nominacións estranxeiras que recibiu este cómic: • Premio Nacional de Cómic de España – Gañadora 2024 • Premio Miguel Gallardo a Autora Emerxente no Salón de Cómic de Barcelona - Nominada 2024 • Premio ACDCómic a Autora Revelación - Finalista 2024 • Premio de Cómic dos Lectores das Bibliotecas de Burdeos - Nominada 2024 • Gran Premio da Heroína Madame Figaro - Gañadora 2024 • Premio Bédélys 2024 do Festival de Cómic de Montreal a mellor obra estranxeira - Gañadora 2024 • Premio literario rexional de estudantes de Secundaria Agence régionale du Livre Provence-Alpes-Côté d’Azur - Short-list 2024-2025 • Premio do Público no Festival de Cómic de Angoulême 2024 – Gañadora 2024 • Fauve des Lycéens / Festival Internacional de Cómic de Angoulême 2024 – Nominada 2024 • Premio Artémisia - Nominada 2024 • Premio Première vague BD / Librairie l’esprit large - Nominada 2024 • Premio do Xurado / Festival BD en Périgord de Bassillac - Gañadora 2023 Ás cinco edicións en castelán de O Corpo de Cristo, Astiberri suma a edición en galego. Ademais, na actualidade Bea Lema traballa na adaptación d’O Corpo de Cristo a curtametraxe de animación.