- Libros
- LITERATURA CLASICA
- O poder que camiña nas tebras
- Libros
- LITERATURA CLASICA
- O poder que camiña nas tebras
Sinopse O poder que camiña nas tebras
A súa fluidez co persa abríronlle as portas a unha comprensión dos sufrimentos do pobo afgá, a quen atendía no seu hospital. Aínda que era médica e non historiadora ou administradora colonial, Lillias sentía a responsabilidade de describir o que percibía cos seus propios ollos, o que os gregos chamaban \"autopsia\". A súa condición de muller e profesional sanitaria complicaba aínda máis o seu intento de narrar fielmente a represión e as intrigas palacianas que observaba, especialmente baixo a sombra da censura e a dificultade de publicar O poder que camiña nas tebras sen entrar en conflito con figuras de poder, que non puido ver editada en vida e que agora publícase por primeira vez galego
Máis aló do seu labor literario, Lillias Hamilton foi tamén unha activista social e feminista comprometida coa loita polos dereitos das mulleres. Fundou un albergue para mulleres maiores e a súa vida estendeuse por distintos puntos do globo, desde Afganistán ata o Transvaal e, finalmente, Niza, onde faleceu en 1925. Alí, baixo o sol da Provença, repousa a figura dunha muller que tentou contar o que outros preferiron ocultar.