O saber do pobo
Albán Laxe, Calixto
Galego

Sinopse O saber do pobo

Este volume ocúpase dun dos campos máis fértiles do nos patrimonio inmaterial, o do vizoso repertorio dos bailes e música tradicionais de Galicia e dalgúns elementos etnográficos relacionados con eles, como a roupa e os adornos indumentarios, os instrumentos musicais ou as celebracións e as actividades colectivas que ofrecían escenario para cantos e danzas. Un coidado volume enciclopédico que recompila e actualiza, por vez primeira, toda a información dispoñible sobre o traxe tradicional galego, os seus tecidos, agremáns e as súas diferencias territoriais. Un estudio novidoso sobre os bailes (muiñeira, xota, fandango, zapateado, seguidilla), as danzas (gremiais, pagás, relixiosas), o cancioneiro e as reunións festivas (fiadeiros, seráns, malla, vesadas, muiñadas...) propios da cultural tradicional galega. Unha descrición detallada dos instrumentos do folclore galego (percutivos, de fricción e vento), que se completa co primeiro vocabulario específico sobre o noso floclore.A cantidade de fontes citadas ou consultadas e a profusión de información textual e gráfica que contén este libro singular no noso eido editorial non empecen a amenidade e transparencia das súas páxinas, que non son obra dun floclorista de academia, senón dun artista, Calixto Albán Laxe, que vive con paixón o baile tradicional de Galicia e ensina os seus segredos nas colonias galegas espalladas polo mundo.
EAN
9788483022351
Editorial
Ano de edição
2003
Páginas
304
Idioma
Galego
Coleção
SIN COLECCION
Alto
300
Largura
200
Otros lectores lo han calificado con
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres