O segundo sexo II
Beauvoir, Simone de
Galego
Galego
Galego

Sinopse O segundo sexo II

Coa publicación desta segunda entrega dÆ O segundo sexo culmínase felizmente o proxecto de ofrecer en galego unha obra clave para entender o universo das mulleres e as coordenadas do feminismo, ao tempo que as nosas letras se enriquecen cun texto fundamental para a humanidade que xerou, despois de sesenta anos da súa aparición, unha rede de pensadoras e activistas que transcende xeracións, clases e países. Neste volume, «A experiencia vivida», Simone de Beauvoir analiza a situación de opresión que viven as mulleres na sociedade. Na primeira parte, «Formación», estuda a infancia, a adolescencia, a mocidade e a iniciación sexual; incorporando o lesbianismo. Continúa na segunda, «Situación», analizando varios aspectos da figura adulta femenina, como a muller casada, a nai, a vida social, a prostitución, a madurez e a vellez. Prosegue na terceira, «Xustificacións», abordando diferentes actitudes das mulleres, retratando á «narcisista», á «namorada» e á «mística». Finaliza, na derradeira parte da obra, «Cara á liberación», propoñendo no seu único capítulo, «A muller independente», as dúas vías que teñen as mulleres para saír da súa situación de opresión, sen obviar as dificultades que atoparán nesa loita: a independencia económica como presuposto de calquera otra emancipación legal, social ou xurídica e a loita das mulleres como colectivo consciente da súa opresión.
EAN
9788499140957
Editora
Ano de edição
2010
Páginas
744
Obrigatório
Capa mole ou bolso
Idioma
Galego
Coleção
ENSAIO
Altura
220
Largura
150
Outros leitores classificaram-no com
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniões
A tua pontuação
Deixa-nos a tua opinião
/ caracteres