O servizo de asistencia a domicilio
Fernández Soto, María del Pilar
Galego

Sinopse O servizo de asistencia a domicilio

Na sociedade actual, moitas miradas vólvense cara á atención de persoas que, pola súa incapacidade ou a súa idade avanzada, perderon a súa autonomía na vida cotiá. A demanda de profesionais formados que presten a súa axuda a estes colectivos é cada día maior, de aí que xurda con forza nas páxinas de ofertas de emprego a figura do auxiliar de axuda a domicilio como unha profesión de futuro.

Con este manual, o lector poderá adquirir os coñecementos necesarios para planificar, desenvolver e realizar o seguimento de casos asistenciais, xestionando trámites administrativos, así como os coñecementos precisos para velar polo mantemento do fogar, en condicións axeitadas ao perfil do asistido, e facilitar a súa integración social.

Os contidos que presentamos neste manual correspóndense cos módulos 'Planificación, Desenvolvemento e Seguimento de Casos Asistenciais', 'Técnicas e Soportes de Xestión e Administración Básica' e 'Recursos Sociais e Integración Social' do certificado de profesionalidade 'Auxiliar de Axuda a Domicilio', segundo o Real decreto 331/1997.

Ideaspropias Editorial desenvolve este manual de formación para todos aqueles profesionais que se dedican a este labor ou desexan facelo, co fin de que amplíen os seus coñecementos sobre esta materia, e facilita a obtención, ao mesmo tempo, dun título recoñecido polo Sistema Nacional de Cualificacións.
EAN
9788498390858
Ano de edição
2008
Páginas
168
Idioma
Galego
Coleção
HOSTELERIA
Altura
240
Largura
170
Outros leitores classificaram-no com
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniões
A tua pontuação
Deixa-nos a tua opinião
/ caracteres