https://www.imosver.com/pt/libros/o-sono-da-febre-07701002360770100236O soño da febre16.48Este libro ten un protagonista singular: a febre: A febre como personaxe, como metáfora da imaxinación, do soño, da literatura en definitiva.Partindo dun episodio real da súa vida (un ataque febril nohttps://static.serlogal.com/imagenes_small/9788471/978847154080.jpgLibrosLibros/LITERATURAEn stockGALAXIA000https://static.serlogal.com/imagenes_small/9788471/978847154080.jpg001052597800105261210010327060001031598617.3550.872007/05/119788471540805Murado, Miguel AnxoLibrosaño_2007idioma_GalegoGformato_Tapa blanda o Bolsilloautor_Murado, Miguel Anxosaga_LITERARIA
Artículo
O soño da febre
Murado Miguel Anxo
GALAXIA
LITERATURA
Aviso de Cookies
Utilizamos cookies para garantir a melhor experiência em nosso site.
Ler política de cookies.
Gestionar preferencias de cookies
Este tipo de cookies permitem ao usuário a navegação através de uma página web, plataforma ou aplicação e a utilização das diferentes opções ou serviços que nela existam.
imosverlaravel_session
Descrição
Este cookie é necessário para o funcionamento do site e não pode ser desativado em nossos sistemas.
Duração
Sesión
Dependências
Domínio
imosver.com
OCT8NE
Descrição
Este cookie é utilizado para o correto funcionamento do Chat da Oct8ne para prestar o serviço de atendimento ao cliente ao usuário.
São aquelas que possibilitam o acompanhamento e análise do comportamento dos usuários em nossa página. A informação recolhida é utilizada para a medição da atividade dos usuários na web e a elaboração de perfis de navegação dos usuários.
_clsk
Descrição
Regista dados estatísticos do comportamento do visitante no site. Isto é utilizado para análises internas pelo operador do website.
Duração
1 ano
Dependências
_clsk,MUID,_clck
Domínio
logglytrackingsession
Descrição
Identifica e regista a sessão do usuário para fins analíticos.
Duração
Sesión
Dependências
Domínio
.imosver.com
GOOGLE_ANALYTICS
Descrição
Regista um identificador único que é utilizado para gerar dados estatísticos sobre como o visitante utiliza o sítio web.
Duração
1 ano
Dependências
Domínio
.imosver.com
São aquelas que nos permitem adaptar a navegação em nosso site às suas preferências (ex.: idioma, navegador utilizado, etc.).
_fbp
Descrição
Utilizado pelo Facebook para oferecer uma série de produtos publicitários, como ofertas em tempo real de anunciantes terceiros.
Este libro ten un protagonista singular: a febre: A febre como personaxe, como metáfora da imaxinación, do soño, da literatura en definitiva.Partindo dun episodio real da súa vida (un ataque febril no Cairo), o autor vai presentando unha galería de historias sorprendentes, ás veces oníricas, ás veces simbólicas e sempre presididas pola pantasma da febre. Na liña de Memoria de derribos, o autor volve explorar así o seu persoal universo imaxinario nun libro no que é a atmosfera a que "cose como un fío" as diferentes narracións coa historia principal.Titulares de prensaO SOÑO DA FEBREAdicar un libro de relatos a un tema concreto é unha tarefa arriscada. Hai que ser moi habilidoso e ter un considerable dominio do oficio para saír airoso de semellante reto. Miguel Anxo Murado neste O soño da febre aposta por construír dez relatos de ton fantástico en torno a ese fenómeno fisiolóxico con resonancias espirituais.A estrutura do libro, póren, non consiste sen máis nunha simple acumulación de contos. Por riba deles, como facendo de tendal do que van prendendo os relatos, aparecen unha serie de reflexións breves nas que o narrador entrelaza episodios familiares con excursos sobre a vinculación da febre coa xeografía, a literatura, a música, ou co mesmo devir da Historia. Esta hibridación entre narración fantástica e testemuño persoal/autobiográfico por parte do autor non acada, con todo, as metas ás que parece aspirar o libro no seu conxunto. Estrañamente, esa voz en primeira persoa que aparece entre relato e relato resulta máis interesante e atractiva que moitas das historias ás que precede. E como se o autor se sentise máis cómodo no territorio da digresión persoal mesturando recordos verdadeiros ou inventados con citas eruditas que axustándose aos códigos do relato fantástico no que fai dez incursións cun resultado marcadamente irregular.O delirio febril -máis ca febre en si- é unha especie de chave que serve para abrir unha fenda no real e trasladar os protagonistas dos dez contos a outro lugar e mesmo a outro tempo, onde os vivos pasean entre os mortos e os mortos fan acto de presenza entre os vivos. As fronteiras entre os mundos de ambos dilúense, tómanse porosas, e o período en que goberna a febre convértese en ponte inestábel pola que camiñar do mundo duns ao mundo dos outros, nunha especie de paréntese na vida dos protagonistas, postas en xogo ao completo.Os escenarios dos relatos son clásicos dos contos de pantasmas. Hai aldeas illadas por causa da neve, calellas escuras e personaxes inquedantes vagando por elas, animais extraordinarios que cargan cos desexos de vinganza dos amos falecidos, rapaces que non cumpren coas obrigas e cren que as portas do inferno están abertas de par en par para eles... pero tamén se introducen paisaxes pouco comúns nestas narracións: os territorios da Palestina ocupados polos israelís, unha plantación colonial de vainillas no medio do Camerún ou o piso dunha familia xudía londinense. O conxunto, como xa dixemos, é altamente irregular.Algúns dos contos parecen resolverse demasiado ás présas, sen captar a atención do lector por unha insuficiencia "atmosférica": no relato fantástico, o ambiente que se está a crear é, como mínimo, a metade da historia, e en varias ocasións como en "Jan Van Riis" ou "A folla e o paxaro", todo se fía ao impacto do desenlace, malogrando unhas historias que poderían dar máis de si. O emprego, en varias ocasións, do recurso de non saber ata o final se o protagonista ou protagonistas están vivos ou mortos tamén falla en varias das historias onde se emprega: nelas dende o principio, a ambiguedade que debe impregnar todo o relato ata a relosución final non está ben construída, é demasiado naive, deixa ver de lonxe o que vai ocorrer. Póren, cando o autor decide estirar lixeiramente a duración dos seus contos e adicar algunhas páxinas máis á creación de atmosferas elaboradas (O soño da neve, ou O diaño do outono, con moito o mellor dos contos), os relatos gañan en intensidade, e o seu tempo narrativo, pausado, calmo, no que se escalonan con coidado os acontecementos, seduce o lector, introdúceo lentamente na historia que está a narrar e lévao con intensidade ata uns finais ben trabados e en consoancia coa lóxica interna do relatado.O esforzo de Murado é notable e di moito das súas pretensións como escritor, maáis o resultado final queda algo afastado das súas intencións iniciais, e quedan finalmente como máis destacados na memoria do lector os dous contos máis extensos e as breves -e brillantes- digresións que van entre medias dos relatos.Eloy GarcíaProtextaVerán 2007