Sinopse OLEANNA
Acción, tempo e lugar: A peza consta de tres escenas, sendo a primeira delas a máis longa.
Nas tres encontramos os mesmos personaxes, ben que en cada unha delas adquiran relevancia personaxes ausentes, especialmente aqueles cos que John (o profesor) se comunica por teléfono, Grace (a muller) e Jerry (a avogada) no primeiro acto; Grace e unha terceira persoa sen identificar no segundo acto, Jerry e Grace no terceiro. A importancia do teléfono é tal que na edición inglesa de 1993 ao remate da peza aparece unha folla co epígrafe, "efectos especiais", onde se indica: teléfono soando. O tempo é actual pero non definido, pois non hai indicadores. O lugar é sempre o mesmo: o despacho dun profesor nunha facultade universitaria na que el imparte, entre outras materias, un curso de teoría da educación.