Os antropólogos
Savas, Aysegül
Galego

Sinopse Os antropólogos

Asya e Manu viven xuntos nunha gran cidade dun país que non é o seu. A súa vida é sinxela e alegre. Ela recibiu unha bolsa para rodar un documental, polo que cada mañá vai gravar a vida nun parque próximo, e el traballa nunha organización internacional sen ánimo de lucro. De cando en vez concédense algún capricho: mercar pasteis para o almorzo, ver do tirón dous capítulos dalgunha serie de detectives que non sexa nin moi truculenta nin moi amable, comer luras fritas fóra da casa, tomar xerras de viño nalgún bar decadente co seu amigo Ravi Un día, porén, a Asya éntralle un medo repentino. E se non están a vivir segundo as regras? E se chegou a hora de asentaren dunha vez as súas vidas? Logo de trasladarlle o seu medo a Manu, este asente e deciden buscar un piso para mercar. Os Antropólogos é unha novela encantadora sobre a pasaxe á vida adulta; sobre o amor, a amizade e a familia; sobre a identidade persoal e colectiva, sobre o cosmopolitismo e o desarraigo; sobre a felicidade real e a felicidade finxida, sobre a presión de ter que decidir e non poder abranguelo todo Unha novela, en definitiva, sobre a vida moderna a través da ollada curiosa e exhaustiva dunha parella de "antropólogos urbanos" que observa o mundo cun humor lúcido, tenro e intelixente. "Os antropólogos fala do amor, da mocidade e do máis profundo e esquivo dos temas: a felicidade. Delicada, sabia, ocorrente unha novela marabillosa dunha das miñas escritoras favoritas." Katie Kitamura "Unha reflexión erudita e elegante sobre a vida moderna e o amor moderno Que non vos engane o ton calmo e aparentemente distante de Sava?; no fondo, agocha capas de sabedoría, finura e delicadeza Unha obra extraordinaria." The Guardian
EAN
9788412785296
Ano de edição
2025
Páginas
182
Obrigatório
Tapa blanda o Bolsillo
Idioma
Galego
Coleção
SIN COLECCION
Alto
200
Largura
200
Otros lectores lo han calificado con
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres