Os contos do Lobicán
Mejuto Rial, Eva María
Galego

Sinopse Os contos do Lobicán

Obra gañadora da XV edición do premio Barriga Verde (2022) de textos para teatro de monicreques (modalidade rapaces). Co-edición con Agadic. Para o xurado, Os contos do Lobicán é unha historia en verso, áxil e atrevida, que busca darlle a volta aos contos clásicos. Ademais da súa linguaxe e estilo, o ditame incide na proposta estética, cunha concepción plástica que reforza o universo tradicional de referencia sen deixar de poñer solucións relacionadas con tendencias escénicas máis actuais. *** Lobicán, un lobo pequeno rosmón e inocente, que gusta ler, cantar, tocar música e cociñar mais non estudar e ir á escola, recibe a encomenda de súa nai de levar á casa do avó no bosque unha rica torta de amora e coidarse dos humanos, que só pensan en matalos. No seu camiño polo bosque ten que fuxir dos animais que gustan do cheiro da torta e coincide con Xiana, unha nena que vai á casa da súa tía cun bote de mel e coa que, logo de superaren cadanseus medos e reservas, inicia unha boa amizade. Que sorpresas nos depararán xuntos os dous
EAN
9788499954271
Editorial
Ano de edição
2023
Páginas
32
Obrigatório
Tapa dura
Idioma
Galego
nº colección
18
Coleção
Barriga Verde
Alto
210
Largura
146
Otros lectores lo han calificado con
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres