OSO E MAIS EU
PECES, ESTHER
Galego

Sinopse OSO E MAIS EU

Esta é a historia dun contoà que case non conto! Así empeza a narrar a protagonista deste álbum o que lle sucedeu unha tarde cando, mentres estaba a xogar tranquilamente na casa, un oso entrou pola xanela. Oso camiñaba tropezando pola casa, esnaquizando todo canto atopaba. Ela, sen perder a calma, dispúxose a amañar aquela desfeita con cinta adhesiva, ata que viu que Oso case rompe un conto. Daquela enfadouse moito e berroulle. El reaccionou gruñindo e levantando unha pata, como se fose facerlle dano, pero, en realidade, estaba ferido e precisaba axuda. No álbum descubrimos que é o propio conto ôOso e mais euö o obxecto máis valioso, o único que non se pode romper, o que garda a palabra, a imaxe e a emoción que transmite esta historia. Deste xeito, nun xogo de tempos que nos embarca desde o cotián ao mundo da nosa protagonista, experimentamos o que a ela lle acontece, acompañámola na súa aventura, provocando quizais resonancias, actitudes, emocións ou comportamentos que, nun futuro, poden servirnos como un punto de referencia.
EAN
9788498716795
Editorial
Ano de edição
2022
Páginas
48
Obrigatório
Tapa dura
Idioma
Galego
Coleção
COLECCION O
Alto
230
Largura
250
Otros lectores lo han calificado con
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres