Papagaio
Villalta, Luísa
Galego

Sinopse Papagaio

Unha nova edición dunha das obras máis comprometidas e feministas da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2024. No ano 2001, o barrio coruñés do Papagaio, espazo tradicionalmente dedicado á prostitución, foi derrubado vítima da especulación inmobiliaria. Durante o proceso de demolición, a fotógrafa Maribel Longueira captou coa súa cámara as máquinas, as paredes dos edificios e os cascallos, así como algúns obxectos, testemuñas do que aquelas vivendas acolleran durante anos. Convidada por Maribel, a escritora Luísa Villalta puxo voz a estas imaxes con 19 poemas. Neles móstrase reivindicativa, directa, rotunda e ao mesmo tempo solidaria ao proxectar unha ollada que deixa en evidencia a violencia patriarcal e o estigma sufrido polas mulleres que exercen a prostitución. A hipocrisía, o oprobio, o abuso, a deshumanización ou o anticlericalismo son outros temas presentes nesta obra escrita pouco tempo antes do inesperado falecemento da autora, que se converteu nunha sorte de testamento literario que revela a singularidade dun pulso poético único; dunha ollada crítica e reivindicativa moldeada pola autoesixencia que sempre se impuxo como creadora.
EAN
9788413433134
Editora
Ano de edição
2024
Páginas
112
Obrigatório
Capa mole ou bolso
Idioma
Galego
Coleção
Arte
Altura
220
Largura
220
Outros leitores classificaram-no com
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniões
A tua pontuação
Deixa-nos a tua opinião
/ caracteres