Patas arriba
Anne Derenne
Galego

Sinopse Patas arriba

Un divertido libro-xogo no que a participación de lectoras e lectores é imprescindible para axudar aos animais da sabana. É un día tranquilo na sabana. Todo o mundo está no seu lugar agás o elefante, que se achega trotando mentres o chan retumba cos seus pasos. Mais axiña repara no desastre: todo está PATAS ARRIBA. Agora é omomento dos pequenos lectores e lectoras, os verdadeiros protagonistas deste álbum, aos que lles tocará sacudir unha vez e outra o libro ata que todo volva ao seu sitio. Se o sacoden forte de máis, a paisaxe porase patas arriba. Se non o sacoden o suficiente, algunhas cousas seguirán desorganizadas. Sacudir arriba e abaixo, á dereita e á esquerda. Pero Quen se agocha detrás do arbusto Un cazador Sigamos sacudindo ata facelo desaparecer! Unha paleta de cores vivas, figuras de contornos definidos sobre fondos planos e personaxes con expresións divertidas caracterizan plasticamente esta obra de Anne Derenne que nos lembra a algunhas producións de animación. Un orixinal libro-xogo cheo de humor que convida a lectoras e lectores a pasar á acción para axudar aos desconcertados habitantes da sabana e libralos dun final non desexado. Feliz aventura!
EAN
9788413434421
Editorial
Ano de edição
2026
Páginas
28
Idioma
Galego
Coleção
LIBROS INTERACTIVOS
Alto
245
Largura
200
Otros lectores lo han calificado con
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres