- Libros
- INFANTIL: DE 5 A 6 AÑOS
- PIPPI MEDIASLONGAS NOS MARES DO SUR
- Libros
- INFANTIL: DE 5 A 6 AÑOS
- PIPPI MEDIASLONGAS NOS MARES DO SUR
Sinopse PIPPI MEDIASLONGAS NOS MARES DO SUR
«Pippi Mediaslongas nos Mares do Sur» publicouse orixinalmente
en 1948 como colofón da triloxía formada por «Pippi Mediaslongas» (1945) e «Pippi Mediaslongas embarca» (1946). A recuperación deste clásico, coas ilustracións orixinais e restauradas de Ingrid Vang Nyman, permite seguir gozando das extravagancias
desta figura icónica da literatura contemporánea: rebelde, transgresora e desclasada, simpática, independente e extrovertida, Pippi rompe estereotipos e actúa de forma contestataria
fronte aos maiores. Moitos adultos -ben no ámbito da literatura,
ben da educación- escandalizáronse polos xestos e comentarios
do personaxe e tildárono de mal exemplo para a infancia.
Sen embargo, o éxito da obra literaria foi imparable, dando lugar
a unha serie na televisión sueca e varias películas.