Poesía galega completa
Álvarez Blázquez, Xosé María
Galego
Galego

Sinopse Poesía galega completa

Poesía galega completa recolle toda a obra poética en galego de Xosé Mª Alvarez Blázquez, tanto os seus cinco poemarios, Poemas de ti e de min (1949), escrito co seu irmán Emilio; Roseira do teu mencer (1950, Xerais 1992, 2008), Romance do pescador peleriño (1954); Cancioneiro de Monfero (s. XIII) (1953), e Canle segredo (1954), como poemas inéditos da edición anterior de Xerais de 1987 e outros moitos que até o de agora nunca saíron á luz, nunha coidadosa edición preparada por Xavier Rodríguez Baixeras. Membro da xeración de 1936, truncada pola guerra civil, a fonte máis auténtica e profunda da lírica de Alvarez Blázquez é a poesía popular. Aínda que, como di Baixeras no estudo introdutorio, ' ' o primeiro que cabe destacar da súa poesía é a diversidade, pois toda ela obedece a dúas actitudes moi diferentes; por unha banda, a adhesión a unha liña neopopular e de tradición imaxinista, e, por outra, á dunha expresión intimista e, finalmente, social ' ' . Trátase dunha voz que non se limita a acomodarse nun mesmo tipo de poema, senón que procura sempre unha maneira nova.
EAN
9788497826877
Editora
Ano de edição
2008
Páginas
392
Obrigatório
Capa mole ou bolso
Idioma
Galego
Coleção
CLASICOS
Altura
218
Largura
145
Outros leitores classificaram-no com
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniões
A tua pontuação
Deixa-nos a tua opinião
/ caracteres