Restra de letras
Díaz Núñez, Celia
Galego

Sinopse Restra de letras

Restra de letras é un libro lúdico cunha finalidade didáctica. Está enfocado a mellorar a competencia lingüística do alumnado, fundamentalmente no que se refire á ortografía e ao léxico, aínda que tamén pode ser de axuda en cuestións de literatura. Como o seu propio nome indica, co que se xoga é con letras e con palabras (non hai xogos de números, por exemplo). Polo tanto, pódese considerar como unha ferramenta de moita utilidade para o seu uso na aula.O libro consta de dous niveis segundo a dificultade de resolución dos xogos. No nivel 1 (dirixido fundamentalmente a rapaces e rapazas do 1º ciclo de ESO) propóñense 16 tipos de xogos diferentes, mediante os cales se poden traballar aspectos de léxico (cruzada visual, sopa de letras), ortografía (a serpe, tres eran tres, sílaba fixa, incógnita, encrucillado), literatura (fuga de vocais, trasnadas) e mesmo de desenvolvemento do razoamento lóxico (xeroglíficos).No nivel 2 (dirixido ao 2º ciclo de ESO) increméntase a dificultade e a diversidade dos xogos (30 diferentes). Ao igual que acontecía co nivel 1, tamén aquí se pode tirar partido dos pasatempos para completar o coñecemento en distintos niveis da gramática e ademais, propóñense fórmulas que requiren unha maior perspicacia para a resolución dos xogos (encrucillado branco, brincadeira, autodefinido branco). Neste nivel tamén se lle concede máis importancia ao ámbito literario, xa que moitos dos xogos baséanse na descuberta de títulos e pasaxes de obras literaria, de nomes de escritores, etc.Como se dixo ao comezo, Restra de letras é un libro lúdico cunha finalidade didáctica. Iso si, non é un método didáctico, nin pretende abranguer ningún ámbito determinado no estudio da lingua, porque todos os xogos que nel se propoñen, axudan a mellorar a comprensión e expresión escrita de quen se achegue ás súas páxinas.
EAN
9788483028643
Editorial
Ano de edição
2002
Idioma
Galego
Coleção
SIN COLECCION
Alto
300
Largura
200
Otros lectores lo han calificado con
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres