Rimas con letra
Sánchez, Gloria
Galego

Sinopse Rimas con letra

Récollese neste libro un conxunto de poemas que unen a intencionalidade lúdica a unha perspectiva didáctica. Son poemas imaxinativos e divertidos, dos que pode gozar calquera neno ou nena sexa cal for a súa idade, pero que están pensados sobre todo para os primeiros lectores.Así no libro faise un percorrido polo alfabeto galego, dedicándolle un poema a cada unha das letras. Tómase sempre como punto de partida unha ou varias palabras, sempre moi suxestivas e motivadoras, que conteñan esa letra concreta: aro, billa, caracol, chepa, dente, embigo, fraco, gordo, imperdible, lora, parella, mar, núa, niño, ovo, paraugas, queixeiro, rato, serpe, temón, uña, vaca, xuntos, zángano.E así a autora vai construíndo os poemas, empregando a un tempo os recursos expresivos da literatura popular de tradición oral e os da poesía infantil máis actual.Cada un dos poemas acompáñase dunha moi expresiva ilustración, da autoría de Mª Fe Quesada, que nos ofrece sempre unha divertida versión plástica do tema desenvolvido nos versos, ademais de xogar coa forma da letra correspondente, procurando sempre unha identificación cun determinado concepto presente no poema.
EAN
9788483025680
Editorial
Páginas
56
Idioma
Galego
Coleção
MERLIN 7 ANOS
Alto
300
Largura
200
Otros lectores lo han calificado con
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres