Riosil
Carrera, Valentín
Galego
Antigo

Sinopse Riosil

O mar céltico. A m¡tica plataforma dos pescadores de altura. O vello mar dos navegantes antigos. O mito de Breogán. A verde Irlanda. O peixe a pastorear nos fondos da inmensa chaira submariña. O Gran Sol.Pescadas, rapantes, marucas, rodaballos, sapos, luras, bacallaus... Velaqu¡ a novela do mar a través dos seus principais protagonistas: a tripulación dun arrastreiro que fai as mareas da Chápelle, Penmac´h e Melville diante das costas de Irlanda e da Bretaña loitando pola supervivencia, apandando coas leis do mercado, a frustración e a soidade. Tamén coas normas da C.E.E., que se dictaron sen contar con eles.Galicia ten 1.300 quilómetros de costa, é a terceira potencia pesqueira do mundo e, sen embargo, carece dunha novela do mar. Decenas de barcos saen decote dos peiraos de Burela, A Coruña, Mar¡n ou Ribeira cara ós ricos caladoiros do Gran Linguado. Unha boa parte da nosa poboación vive coma os homes do Riosil. Moitos acaban do mesmo xeito.
EAN
9788475074962
Editora
Idioma
Galego
Coleção
CRONICA
Altura
300
Largura
200
Opiniões de outros leitores
Escreve a tua opinião
0 Opiniões
A tua pontuação
Deixa-nos a tua opinião
/ caracteres