ROSALÍA DE CASTRO E O PODER SEXUAL
Queizán, María Xosé
Galego
Galego

Sinopse ROSALÍA DE CASTRO E O PODER SEXUAL

Rosalía de Castro é unha das escritoras que mellor comprendeu e reflectiu na súa obra, tanto poética como narrativa, a sedución, entendendo esta como o poder sexual que os homes exercen sobre as mulleres. Quere isto dicir que a primeira escritora galega no século XIX, recoñecida e valorada na actualidade por todos, ten como leitmotiv da súa obra a sexualidade e o poder patriarcal. Antes de que se estudase e se lle dese nome ao patriarcado, esta galega xa foi pioneira, con orixinalidade e con audacia, nun tema vixente na actualidade, causante dun holocausto que non se frea. Nas novelas e ensaios rosalianos e en boa parte da súa poesía a muller é a principal protagonista, unha muller que padece os efectos do abuso do patriarcado, tanto no aspecto político como emocional, sendo, como sinala Kathleen March, "a opresión da muller o seu tema único".
María Xosé Queizán reúne aquí sete ensaios de temática rosaliana, dende o introdutorio, que lle dá título, no que se estuda o carácter feminista de toda a obra rosaliana, pasando polos que abordan o amor e o suicidio na obra poética, até os dedicados á súa consideración a través da historia e á persecución que sufriu no seu tempo. Complétase o libro con media ducia de poemas e dous relatos nos que Queizán homenaxea a nosa primeira escritora.
EAN
9788491212539
Editora
Ano de edição
2017
Páginas
152
Obrigatório
Capa mole ou bolso
Idioma
Galego
N.º coleção
28
Coleção
ENSAIO
Altura
225
Largura
140
Outros leitores classificaram-no com
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniões
A tua pontuação
Deixa-nos a tua opinião
/ caracteres