Sedna, a deusa do mar
Abeleira, Xoán
Galego

Sinopse Sedna, a deusa do mar

Nunavut -a nena protagonista de "Sedna, a deusa do mar", a cuarta entrega da serie "As Aventuras de Nunavut" de Xoán Abeleira- pertence a un dos pobos máis lendarios da Terra, os "inuit" ou esquimós, pobo primitivo que aínda sobrevive en durísimas condicións e cunha peculiar cultura onde o real e o suprarreal están intimamente vencellados. Mais Nunavut tamén é hoxe unha fermosa e esperanzadora rexión autónoma para todas as comunidades árticas. Esta cuarta entrega da serie iníciase nun verán que se amosa benigno pero no que escasea a pesca. No outono o mar comezara a xearse antes do que adoitaba o que significaba que o inverno se ía adiantar. Para sobrevivir, homes e mulleres, terían que saír a cazar baleas. Mentres tanto, os rapaces debían quedar cos anciáns e Nunavut irá a carón de Mamá Helga, a persoa que mellor coñecía as lendas da aldea. "Sedna, a deusa do mar", será unha desas lendas fundacionais da sociedade "inuit".
EAN
9788497822572
Editorial
Ano de edição
2005
Páginas
72
Idioma
Galego
Coleção
NUNAVUT
Alto
190
Largura
135
Otros lectores lo han calificado con
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres