Sunset Park
Auster, Paul
Galego

Sinopse Sunset Park

Miles Heller ten vinte e oito anos, abandonou a universidade aos vinte, despediuse dos seus pais e marchou de Nova York. Agora vive en Florida e traballa para unha empresa que se encarga de baleirar as vivendas dos desafiuzados. Mais non só se dedica a carretar mobles e repintar paredes, Miles saca fotos de todas as cosas abandonadas para probar que as pantasmas desa xente seguen presentes. En Sunset Park, Auster fainos lembrar as cousas duradeiras: o amor, a arte e esa estraña sensación que é estar vivo. O seu protagonista, Miles, vive atormentado pola culpa: sen querelo provocou a morte do seu medio irmán, unha situación que o induciu a marchar de Nova York fuxindo do pai e a madrasta. En Florida mantén unha relación cunha escolar adolescente, Pilar, mais cando a familia dela ameaza con sacar á luz o noivado, Miles decide protexer a Pilar volvendo a Brooklyn, onde comeza a vivir de ocupa mentres se prepara para a inevitable confrontación co pai, de quen leva anos escondido. Vibrando coa mesma enerxía ca Invisible, a anterior novela de Auster, o relato de Sunset Park é tan mítico coma contemporáneo, está tan engaiolado polo béisbol coma pola literatura. E, por riba de todo, é unha historia de amor e perdón, non só entre homes e mulleres, senón tamén entre pais e fillos. A nova novela de Paul Auster é un libro sobre a inocencia da mocidade e a vibración da vida
EAN
9788498653069
Editorial
Ano de edição
2010
Páginas
320
Obrigatório
Tapa blanda o Bolsillo
Idioma
Galego
Coleção
LITERARIA
Alto
210
Largura
135
Otros lectores lo han calificado con
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres