Un limpacús real
Romero, Pilar
Galego
Novidade

Sinopse Un limpacús real

Por orde real, convócase no palacioa quen queira ser limpador oficialdo cu do rei que acaba de nacer.Presentáronse tantos candidatos que a ringleira daba cinco voltas ao palacio. Aínda que as probas non eran doadas!Este álbum constitúe un recordatorio dun antigo oficio que afunde as súas raíces nun pasado inxusto, no que os nobres oprimían e explotaban a plebe.Ben podería ser este testemuño a representación do que ocorre en sociedades nas que o abuso de poder continúa vixente.Para entender a necesidade de xustiza e igualdade, interésanos que a historia non sexa borrada.Cun punto de vista lúdico, divertido, pícaro e case nas marxes do ôpoliticamente correctoö, o álbum xoga intelixentemente con imaxes e palabras, e coloca o lector diante de situacións grotescas, sen dicirlle o que ten que pensar, pero ofrecéndolle unha mirada sen prexuízos, que abre significados.Nesta historia non hai rebelión; os asoballados asumen con dignidade e orgullo as condicións da súa clase. Será o lector quen saque conclusións.Chiscadelas históricas tamén a personaxes como María Castaña ou outros que, sutilmente, poden recoñecerse nas magníficas ilustracións de ROGER OLMOS.Libros necesarios para cambiar o mundo; sentir a inxustiza para impulsar a xustiza e entender a tan necesaria loita polos nosos dereitos.
EAN
9788498717853
Editorial
Ano de edição
2026
Páginas
40
Idioma
Galego
Coleção
COLECCION O
Alto
230
Largura
250
Otros lectores lo han calificado con
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres