Verlioka
Patacrúa / Magicomora
Galego

Sinopse Verlioka

A estrutura da historia correspóndese co esquema do conto marabilloso ruso, estudado por Vladimir Propp. Verlioka é un exercicio de estilo, rexido por normas e regras arquetípicas; en concreto, esta versión toma prestados aspectos da tradición oral para crear a trama narrativa. Animais e humanos cooperan, enfróntanse ás adversidades, para, finalmente, obter a vitoria. Noutras versións, as axudas proceden de elementos que aparecen no camiño do avó (corda, muíño de auga, forno, landraà), obxectos máxicos ligados á cultura do pobo ruso. Esta versión presenta unha estrutura singular: a colaboración chega dos animais, que aparecen hu manizados (falan, axudan, dan consellos) e convértense en compañeiros inseparables, proporcionando tranquilidade, apoio e ata un desabafo para os temores dos máis pequenos lectores.Alén das forzas malévolas do xigante, existe un mundo hospitalario, o do home, quen, coa axuda dos seus astutos e enxeñosos amigos, triunfará de vez sobre o rabudo xigante. As ilustracións xogan co carácter hiperbólico dos personaxes e inciden na faceta humorística do conto. Cun universo de cores intensas, Sergio Mora idea un ambiente que evoca libros antigos e estampas de época, a través do craquelado da imaxe
EAN
9788498717297
Editorial
Ano de edição
2024
Páginas
48
Obrigatório
Tapa dura
Idioma
Galego
Coleção
O
Alto
230
Largura
250
Otros lectores lo han calificado con
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres