Xelmírez, xenio do Románico
Otero Pedrayo, Ramón
Galego

Sinopse Xelmírez, xenio do Románico

Xelmírez, xenio do románico, é un apaixonante estudo biográfico sobre unha das máis grandes figuras da Idade Media en Galicia. Nestas páxinas, recentemente descubertas, dá Otero Pedrayo unha excelente medida das súas recoñecidas capacidades para a evocación histórica e a reconstrución de tempos, espazos e humanidades. Apoiado nunha importante documentación que non chega nunca a coutar o seu poderío literario, Otero traza neste libro un perfil totalizador de Xelmírez, un retrato no que o bispo que engrandeceu a Compostela medieval amósasenos nas súas múltiples caras: político, príncipe da Igrexa, construtor de cidades e home. Pero a biografía xelmiriana é para Otero inseparable do marco onde se produce e, deste modo, Santiago de Compostela, Galicia e a Europa que renace no Románico, acadan tamén papel protagonista neste suxerinte e vigoroso ensaio.
EAN
9788471547392
Editorial
Obrigatório
Libro en otro formato
Idioma
Galego
Coleção
ENSAIO
Alto
197
Largura
135
Otros lectores lo han calificado con
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres