Xeografía histórica de Galicia
O'Flanagan, Patrick
Galego

Sinopse Xeografía histórica de Galicia

Coñecer un país pódese facer de diversos xeitos: camiñando e observando o que vemos ou consultando fontes de arquivo. Con todo, nunca podemos deixar de falar coa xente, preguntar polas súas angurias e expectativas.Así fixo Patrick O'Flanagan desque coñeceu por primeira vez Galicia, hai máis de vinte anos. A súa visión de foráneo permítelle cuestionar cousas que para quen vive nestas terras son obvias. Ese é o labor fundamental dun estudioso do espacio xeográfico: cuestionar a realidade observable.Non estamos pois ante un libro de viaxes. Esta reinterpretación de Galicia pouco ten que ver co libro de George Borrow, que nos visitara hai máis dun século. Este libro parte do visible para atopar o que se acocha baixo a paisaxe. Os asentamentos, os lugares de traballo (leiras e fábricas), as estradas e a organización territorial da sociedade son os compoñentes máis visibles da paisaxe cultural.Polo mesmo, o lector atopará numerosas referencias a estudios anteriores e tamén interpretacións persoais do que o autor entende que pensan os galegos: homes e mulleres cos que mantivo longas conversas para afondar no miolo da súa consciencia como habitantes dunha paisaxe ancestral.
EAN
9788475079691
Editorial
Ano de edição
2005
Idioma
Galego
Coleção
UNIVERSITARIA
Alto
300
Largura
200
Otros lectores lo han calificado con
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres