Xesus alonso montero
Hermida, Modesto
Galego

Sinopse Xesus alonso montero

Xesús Alonso Montero, que naceu en Vigo, tomou primeiro contacto pragmático e afectivo coa lingua galega, ós nove anos, en Ventosela do Ribeiro, onde pasou a residir por traslado da familia. En Vigo, máis cativo aínda, xa puidera observar, con entendemento infantil, pero entendemento, á fin, o xúbilo do triunfo da Fronte Popular e a atrocidade que significou o estalido da Guerra Civil. En Ribadavia, no colexio Academus, mediante D. Bernardino Graña Refojos, tivo a ocasión de se entusismar coa palabra, coas palabras organizadas en textos e coa plabra como obxecto de estudo, circunstancia que determinou que elixise para os seus estudos universitarios a carreira de Filoloxía Románica. Non tardou o profesor Alonso Montero en sentir devoción pola obra de Antonio Machado, sobre todo pola parte desta obra que ten que ver co compromiso social, co socialismo e co republicanismo. En 1962, cando ingresa no Partido Comunista, xa se atopara con textos marxistas, coa figura de Marx, aquel humanista ó que considera primeiro intelectual contemporaneo coa condición de sabio e xusto lector do texto que ofrece o mundo no que vivimos. Con estes vimbios e con outros semellantes, que sería prolixo citar nesta breve contraportada, constrúese a personalidade intelectual e civil de Xesús Alonso Montero (Palabras e compromiso), da que se dá cumprida información nas páxinas deste libro.
EAN
9788476806586
Editorial
Ano de edição
2010
Páginas
68
Obrigatório
Tapa dura
Idioma
Galego
Coleção
GALEGOS NA HISTORIA
Alto
100
Largura
70
Otros lectores lo han calificado con
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres