Xoaquín Lorenzo
Valcárcel, Marcos
Galego
Galego

Sinopse Xoaquín Lorenzo

Xoaquín Lorenzo Fernández (Ourense, 1907-Lobeira, 1989), etnógrafo, arqueólogo, historiador, profesor, fotógrafo, debuxante, fundador do Museo do Pobo Galego, membro da Real Academia Galega, foi unha das figuras claves da xeración do Seminario de Estudos Galegos. Autor dun xigantesco esforzo pioneiro de síntese descritiva dos aspectos tecno-económicos da nosa cultura tradicional e da fala e literatura popular, recollidos en cento vinte e tres traballos monográficos e no seu amplo estudo sobre a Cultura Material editado no segundo volume da Historia de Galiza dirixida por Otero Pedrayo, a figura de Xoaquín Lorenzo é indispensable para entender o saber popular labrego e mariñeiro á piques de esmorecer diante das transformacións sociais producidas na segunda metade so século XX. Este libro, preparado polo profesor Marcos Valcárcel e dirixida ao público máis novo, presenta de forma breve, amena e con profusión de fotografías e documentos gráficos os principais acontecementos biográficos da figura homenaxeada no Día das Letras Galegas 2004. Un libro indispensable para que os mozos e mozas de hoxe coñezan a vida de Xoaquín Lorenzo, unha figura que tivo por oficio o soño de descubrir as raíces máis fondas de Galicia.
EAN
9788497821230
Editora
Ano de edição
2004
Páginas
64
Encadernação
Capa mole ou bolso
Idioma
Galego
Coleção
MERLIN 11 ANOS
Altura
300
Largura
200
Opiniões de outros leitores
Escreve a tua opinião
0 Opiniões
A tua pontuação
Deixa-nos a tua opinião
/ caracteres