Xoguetes para un tempo prohibido
Casares, Carlos
Galego

Sinopse Xoguetes para un tempo prohibido

E esta a décima edición de Xoguetes para un tempo prohibido desde que no ano 1975 se edita a primeira. Unha novela retrato dunha xeración, a dos anos 1960, nos que aqueles mozos universitarios cultos e brillantes, intelixentes e soñadores acaban embarrancando no escepticismo e na amargura. Unha obra que nos achega a un tempo e a uns personaxes marcados pola perda das ilusións e polos soños derramados. Esta novela foi galardoada co premio co que se conmemoraban os XXV anos da fundación da Editorial Galaxia. Un retrato xeracional dun grupo de amigos na Compostela universitaria de fins do século XX. O círculo universitario no que Casares se moveu na súa época de estudante na universidade aparece aquí representado pola peripecia vital de Elías, que abrangue desde a súa infancia nunha pequena vila galega ata o seu tráxico final nunha triste pensión ourensá. Os sórdidos anos da posguerra e o seu contrapunto, os esperanzados tempos da utopía revolucionaria, acaban no alcohol, na frivolidade e o desespero. Escrita con toda a brillantez e eficacia da narrativa moderna, é unha reflexión lúcida sobre as ilusións perdidas e os soños non acadados.
EAN
9788482888576
Editorial
Ano de edição
2007
Páginas
129
Obrigatório
Tapa blanda o Bolsillo
Idioma
Galego
Coleção
BIBLIOTECA CARLOS CASARES
Alto
210
Largura
130
Otros lectores lo han calificado con
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres