Xosé María Álvarez Blázquez. Vida e obra
Cabana, Darío Xohán
Galego
Galego

Sinopse Xosé María Álvarez Blázquez. Vida e obra

Este libro é un retrato global de Xosé María Alvarez Blázquez, un dos membros máis destacados da dinastía dos Alvarez, e da súa inmensa obra cultural. Poeta, narrador, dramaturgo, ensaísta, filólogo, folclorista, bibliófilo, filatélico, conferenciante, historiador, arqueólogo, creador dun museo, xornalista radiofónico, profesor, cronista oficial da cidade de Vigo e editor xenial, Xosé María Alvarez Blázquez foi talvez o intelectual galego máis completo e poliédrico do seu tempo. Dende o coñecemento erudito e a profunda admiración e o amor á figura do polígrafo humanista, de quen foi colaborador durante catro anos en edicións Castrelos, Darío Xohán Cabana realiza un completísimo pecorrido biográfico, ao tempo que un estudo profundo da súa obra literaria galega, das súas grandes escolmas e estudos literarios e do seu labor como editor e primeiro responsable de Edicións Monterrey e Edicións Castrelos. Este é un volume imprescindible para o coñecemento da figura total e do traballo hercúleo de quen a sociedade galega homenaxea no Día das Letras Galegas 2008.
EAN
9788497827157
Editora
Ano de edição
2008
Páginas
216
Encadernação
Capa mole ou bolso
Idioma
Galego
Coleção
LETRAS GALEGAS
Altura
300
Largura
200
Opiniões de outros leitores
Escreve a tua opinião
0 Opiniões
A tua pontuação
Deixa-nos a tua opinião
/ caracteres